DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Segundo a orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regula os criterios e o procedemento de DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria, publicada no DOGA nº218, do 12-11-2021, dende o noso centro informamos ás familias que o desexen que poden solicitalas seguindo os seguintes pasos:

Presentaranse PRESENCIALMENTE o ANEXO I e ANEXO II na portería do centro xunto coa copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio presentarase sentenza xudicial ou convenio regulador.
A solicitude será única para todos os fillos escolarizados no mesmo centro.
As solicitudes poderán presentarse dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro de 2021 incluído.
Os anexos poderán recollerse na portería do centro ou descargalos do enlace.
Para casos excepcionais pódese consultar a publicación da orde no DOGA facendo click no vínculo de enriba.

ACLARACIÓNS

a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas