II CAMIÑO DE SANTIAGO

Este ano a Fundación Educativa Ana Mogas está a organizar a realización do II CAMIÑO DE SANTIAGO. O Camiño é unha grande experiencia humana e cristiá para todos polos valores que se traballan e adquiren día a día sendo peregrinos en familia. Está destinado a alumnos de 2º de bacharelato, antigos/as alumnos/as vinculados á Fundación Educativa, profesores/as e PAS dos Colexios, relixiosas da Congregación FMMDP,  membros do Voluntariado Misioneiro e da Asociación María Ana Mogas (AMAM).

A ruta que se vai realizar é a do “Camiño de Santiago Mozárabe”, dende Ourense ata Santiago (105 km), e estará secuenciada en diversas etapas entre os días 3 e 9 de xullo de 2022:

  • Día 3 de xullo:  aloxamento en Ourense
  • Día 4 de xullo:  etapa Ourense – San Cristovo de Cea → 21 km
  • Día 5 de xullo:  etapa san Cristovo de Cea – Lalín → 34 km
  • Día 6 de xullo:  etapa Lalín – Bandeira → 20 km
  • Día 7 de xullo:  etapa Bandeira – Boqueixon (Lestedo) → 19.75 km
  • Día 8 de xullo: etapa Lestedo – Santiago de Compostela → 16 km
  • Día 9 de xullo: día en Santiago e volta

 

A pernocta e o aseo no transcurso da ruta terán lugar en polideportivos previamente concertados. Ademais empregaranse, como infraestrutura, furgoneta de apoio e coche vasoira (nunca destinadas a transportar equipaxe persoal)

No caso de estar interesados, é necesario facer unha solicitude de reserva de praza, dado que as  prazas son limitadas. Pódese facer mediante o código QR da imaxe principal.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas