DÍA DA PAZ

SEMENTANDO PAZ

 

O 30 de xaneiro todos os colexios celebramos o Día da Paz e a Non Violencia. Un día, no que todos unidos levantamos a voz pedindo que a paz sexa unha realidade no mundo no que vivimos. 

 

Este ano coincide que o valor sobre o que se centra o curso é a paz. Por esa razón, durante toda esta semana leváronse a cabo diversas actividades nas que reflexionamos sobre a importancia de ser “xardineiros de paz”. En clase, falamos e traballamos nas titorías distintas dinámicas. Tamén, decoramos as nosas aulas e puidemos asistir á formación a cargo da nosa irmá  FMMDP, Mª Ángeles Gómez-Limón. No patio, suamos a camiseta e corremos, sumando quilómetros que nos acheguen distintas zonas de conflito ( Mali, Mozambique, Camerún…).  E, finalmente, xuntos rezamos pola paz.

 

Pero o noso obxectivo ha de ir moito máis alá que unha semana. Está nas nosas mans sementar esas sementes de paz nos nosos actos cotiáns. Esas sementes han de ser o respecto, a tolerancia e a igualdade. Cada un debe plantalas, abonalas, regalas a diario e podalas. Só así conseguiremos un mundo máis xusto, solidario e en paz.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas