IV ANDAINA SOLIDARIA – FONDESOL «XUNTOS FACEMOS CAMIÑO»

O próximo SÁBADO, 13 DE MAIO toda a comunidade educativa ten unha nova cita coa SOLIDARIEDADE. Realizarase a IV ANDAINA SOLIDARIA FONDESOL “XUNTOS FACEMOS CAMIÑO”, cuxos beneficios serán destinados, ao xa coñecido proxecto de Boa Vista (Brasil).

O percorrido será dende o Colexio ata o Parque Feiral da Valenzá, polo paseo fluvial do Río Barbaña.

A inscrición incluirá a camiseta, o dorsal e un pequeno avituallamento.

A Andaina rematará cun PICOTEO no Parque Feiral grazas á ANPA do colexio que constará de empanada de atún e carne, tortilla e bica.

 ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!!!!

Para a reserva da praza, da camiseta e do picoteo haberá dispoñile un posto de inscrición no colexio do 20 ao 26 de abril. Haberá tamén mostras de todas as tallas das camisetas para elixir ben. Os lugares e o horario deste posto serán:

  • Na ISLETA diante de secretaría

o   VENRES, 21 DE ABRIL – 13:00 a 14:00

o   LUNS, 24 DE ABRIL – 17:15 a 18:00

o   MÉRCORES, 26 DE ABRIL – 17:15 a 18:00

  • No PATIO:

o   XOVES, 20 DE ABRIL – 17:15 a 18:00

o   MARTES, 25 DE ABRIL – 17:15 a 18:00

TODA A INFORMACIÓN FOI ENVIADA XA A TRAVÉS DE COMUNICADO.

Enviarase máis información sobre o horario de saída, reparto de camisetas, etc. en próximos comunicados.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas