Aberto o prazo para solicitar axudas para o vindeiro curso escolar 2024-25

O prazo de presentación de solicitudes de axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e para prazas de comedor escolar comeza hoxe luns 22 de abril de 2024 e rematará o próximo 13 de maio.

A concellería de Benestar Social do concello de Ourense informa de que xa teñen á súa disposición a publicación do Acordo da convocatoria pública de axudas en especie para a adquisición de libros de texto, material escolar e comedores escolares para o vindeiro curso 2024-25.

Esta información poderán consultala polo miúdo tanto no Boletín Oficial da Provincia nº 77, venres 19 de abril de 2024, como no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense (ourense.gal } sede electrónica } taboleiro de anuncios).

Poderán presentala:

 

  • Presencialmente na oficina de rexistro ubicada na Praza Maior nº 1 e no barrio da Ponte (Avda das Caldas nº 28).

 

Para calquera dúbida poderán contactar telefónicamente no número 988 686 437 ou de maneira presencial no Negociado de Servizos Sociais (Rúa Primaveira nº 1) en horario de mañá entre as 09:00 horas e as 14:00 horas.

Se precisa máis información sobre o novo servizo de comedor escolar con cociña propia dispoñíbel desde este curso académico no colexio Divina Pastora Ourense prema na seguinte ligazón: https://colexiodivinapastora.com/comedor/

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas