O COIDADO DA CASA COMÚN

Finalizamos o noso proxecto de Deporte e Sustentabilidade neste último trimestre do curso co obxectivo do «COIDADO DA CASA COMÚN». Neste terceiro bloque abordaranse as seguintes áreas do Pacto Educativo Global vinculadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/objetivos-de-desarrollo-sostenible/

  • FRATERNIDADE E COOPERACIÓN (Pacto Educativo Global),  relacionado co ODS 6 que busca concienciar sobre a importancia do ACCESO Á AUGA LIMPA POTABLE EN TODO O MUNDO. Conseguir este reto só será posible se traballamos en común e unimos esforzos.

O  Papa Francisco,  no Pacto Educativo Global dinos: “Todo está relacionado con todo, todo está creado para ser unha icona viva de Dios que é Trindade de Amor! Hoxe, polo tanto, é unha tarefa prioritaria educar aos homes para que vivan este pacto, máis aínda, para que sexan pacto vivo en todas estas dimensións: para abrir os camiños do futuro a unha nova civilización que abrace na fraternidade universal á humanidade e ao cosmos. Esta vocación á fraternidade, este vivir en fraternidade hoxe é indispensable, non se pode camiñar sen ela».

  • TECNOLOXÍA E ECOLOXÍA INTEGRAL (Pacto Educativo Global) incluíndo aos ODS:

7: Enerxía alcanzable e non contaminante

11: Cidades e comunidades sostibles

13: Acción polo clima

14: A vida submarina

15: Vida de ecosistemas terrestres

A idea é reflexionar sobre como poñer a tecnoloxía ao «ao servizo dunha educación máis humana, máis xusta e ecoloxicamente responsable», unha cuestión na que xa afonda a nosa proposta educativa: https://colexiodivinapastora.com/wp-content/uploads/sites/23/2021/11/propuesta_educativa_pe.pdf

Por esa razón levaranse a cabo distintas actividades e titorías nas nosas aulas que conviden ao alumnado a unha reflexión profunda sobre estes temas.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas