Aberto o prazo para optar aos PREMIOS EXTRAORDINARIOS de bacharelato

O pasado 29 de abril, iniciouse o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril. Preme aquí para consultar a orde completa.

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 29 de abril ao día 28 de maio de 2024.
  • DESTINATARIOS: Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia cunha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75.
  • CARACTERÍSTICAS: Os candidatos/as realizarán unha proba presencial. Para optar ao premio deberá obter, en cada exercicio como mínimo un 50% da puntuación máxima, e un mínimo de 25 puntos no total dos 3 exercicios.
  • DOTACIÓN: Concederanse un máximo de 20 premios dunha contía de 1.000 € por premio.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en Premios Edu .Asemade, pode consultar a oferta formativa completa do centro escolar Divina Pastora Franciscanas en Ourense na seguinte ligazón: os estudos que ofrecemos.

 

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas