O MEU COLE ABRE EN… VERÁN

O colexio plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense oferta a escola de verán “Os Deuses” nos últimos días de xuño e no mes de xullo co obxectivo de facilitar a conciliación para as familias que o precisen. Esta proposta consiste nun completo e variado programa de actividades que promoven a socialización, o xogo e a práctica deportiva nun clima de diversión. Asemade, poderían facer uso, se o precisan, dos servizos de acollida temperá (dispoñible desde as 8.00 ata as 10.00 horas) e de comedor (de 14.00 a 15.30 horas).

Para explicar polo miúdo esta escola de verán celebrarase unha reunión informativa o vindeiro LUNS día 27 de MAIO ás 19.00 horas na sala multiusos do colexio. Neste encontro terán a oportunidade de propoñer calquera dúbida que lles poida xurdir sobre o funcionamento do mesmo, datas de inscrición e prezos.

Para obter máis información podes premer na seguinte ligazón (aquí) onde atoparás os documentos necesarios para facer a túa reserva o antes posible dado que as prazas son limitadas.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas