ANAMO

ANAMO son os grupos cristiáns dos centros das «Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor» cuxo obxectivo é a maduración da fe nas persoas. Entendido como proceso, grupo ou camiño ANAMO é algo que parteda realidade das persoas, das súas experiencias e vivencias e que se inspira nos trazos de identidade franciscanos.

METODOLOXÍA DE TRABALLO

  • REUNIÓNS, ENCONTROS E ACTIVIDADES DE GRUPO

Partimos da realidade, ou pedagoxía da experiencia. No grupo compartimos a experiencia da amizade, ocrecemento e a identificación cos valores de Xesús; por iso o proceso sistematiza moitos momentos de grupo eprincipalmente a reunión semanal.

  • CONVIVENCIAS, ENCONTROS INTERGRUPAIS E INTERCOLEXIAIS

Celebramos a pedagoxía da presenza e da festa, persoal e grupal, activa e participativa, que inclúe a relacióngozosa cun mesmo, cos demais e con Deus.
As convivencias e encontros son momentos fortes que axudan aenriquecer a vivencia diaria de forma gozosa e comprometedora. Ademais estas actividades crean lazos decomuñón cos outros grupos e provocan unha maior identificación co proceso e os seus obxectivos. Nelas,reflexionamos a través de diferentes dinámicas a necesidade de ser os primeiros en distintos valores:xenerosidade, respecto, escoita, convivencia, sinceridade, etc.

  • CELEBRACIÓNS E INICIACIÓN SACRAMENTAL

Iluminamos coa Palabra, ou pedagoxía bíblica.

Festexamos a vida como lugar de encontro con Deus e cos demais.

Expresamos xuntos soños, medos, ilusións… á luz da palabra. Iniciamos á oración e ao silenciopersoal. Lectura, comprensión e interiorización da Palabra de Deus, encontro con ela e con Deus, segundo a etapa do proceso.

ETAPAS Y NIVEIS

Primeira etapa:
ANAMO JUNIOR
5º e 6º de Educación Primaria (11 e 12 anos)
Obxectivo: Espertar as actitudes básicas para “facer grupo” e o entusiasmo e ilusión “polo relixioso”,pola persoa de Deus e de Xesús. (dimensión afectiva)
Símbolo: Entrega do CARNÉ ANAMO

Segunda etapa:
GRUPOS ANAMO
1º Nivel: ‘AMIGOS ANAMO’, 1º e 2º de ESO (13-14 anos)
Plantexarse qué tipo de persoa queren ser e chegar a reflexionar e concretar que opciónse/ou decisións teñen que ir tomado para avanzar cara ela.
Símbolo: Entrega do PIN ANAMO
Palabras clave: Encontro, autonomía
2º Nivel: ‘CAMINO ANAMO’, 3º e 4º de ESO (15-16 anos)
Crecer nos valores de convivencia conxugando interdependencia e liberdade.
Obxectivo: Acompañar o crecemento persoal segundo os valores da nosa PropostaEducativa.

Terceira etapa:
COMUNIDAD ANAMO
1º Nivel: Bacharelato 1º e 2º (17-18 anos)
Situarse criticamente ante sí mesmo e ante a sociedade para dar sentido á propia vida.
Descubrir na oración o encontro con Deus que interpela a propia vida.
Tomar conciencia de que a loita pola xustiza e a solidariedade son esixencias evanxélicasderivadas do seguemento de Xesús.Palabras clave: Verdade, sinxeleza. SeguementoOpción vocacional. Xustiza e paz.
Símbolo: Entrega do EVANXEO
2º Nivel: universitarios e antigos alumnos en xeral. (A partir de 18 anos)
Formar comunidade cristiá co estilo franciscano de Mª Ana Mogas
Símbolo: Entrega da TAU
Palabras clave: Fraternidade, compromiso, igrexa, acompañamento.

ANAMO