Hai 800 anos, o 29 de novembro de 1223, o Papa Honorio III aprobou a Regra dos Irmáns menores ao Irmán Francisco e aos demais membros da Orde. Unha confirmación do que o Papa Inocencio III aprobara oralmente na famosa reunión de Roma cara a 1210.
O propio Francisco lémbrao no seu testamento:
“E despois que o Señor me deu irmáns, ninguén me mostraba o que debía facer, senón que o Altísimo mesmo reveloume que debía vivir segundo a forma do santo Evanxeo. e fíxeno escribir con poucas palabras e con sinxeleza, e o Señor Papa confirmoumo” ( Test 14-15)
San Francisco propúxose vivir unha forma de vida que estivese máis #de acordo co que nos pide o Evanxeo.
Celebrar este aniversario non é só un mirar cara atrás, senón unha invitación para sentirnos familia franciscana e mirar cara adiante e ver como vivir hoxe o que Francisco viviu hai 800 anos.



