O 20 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Xustiza Social, unha data que nos lembra a importancia de construír unha sociedade máis equitativa, onde a inclusión e o respecto polos dereitos de todas as persoas sexan unha realidade. Na nosa fundación educativa, este compromiso materialízase a través do Proxecto Deporte e Sostibilidade, que neste segundo trimestre pon o foco na inclusión baixo o lema:
«Inclusión: o camiño para lograr a paz, a igualdade e a xustiza social».
Grazas a este proxecto, o noso alumnado traballa en titorías e actividades específicas para reflexionar sobre a xustiza social, a igualdade de oportunidades e a non discriminación.
Con este proxecto, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e o Pacto Educativo Global, reafirmamos a nosa misión educativa baseada en valores de xustiza, paz e fraternidade. A educación é a clave para transformar o mundo, e no noso colexio traballamos cada día para que o noso alumnado sexa axente de cambio no seu entorno.
Porque unha sociedade máis xusta comeza nas aulas. Sigamos camiñando xuntos cara á inclusión!



