Cada 6 de outubro celebramos un día moi especial: a festividade de María Ana Mogas, fundadora das Irmás Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. A súa vida é unha historia de fe, amor e entrega aos demais, especialmente aos máis vulnerables. Nada en 1827 en Granollers, Barcelona, desde moza sentiu a chamada de Deus e dedicou a súa vida para educar, promover o amor ao próximo, seguindo os valores San Francisco de Asís, construíndo a súa obra no amor polos pobres e a entrega á misión evanxelizadora.
María Ana soubo que a educación era clave para cambiar vidas. Nos seus colexios non só ensinábanse materias académicas, senón tamén valores cristiáns que formaban persoas comprometidas coa xustiza e a paz. Que visión tan adiantada para o seu tempo!
Hoxe, celebramos a súa vida e o seu exemplo de santidade. María Ana viviu cunha humildade e xenerosidade que a levaron a ser proclamada beata o 6 de outubro de 1996. O seu legado segue vivo nos colexios da Fundación Franciscanas Ana Mogas e o seu carisma inspíranos e convídanos ao coidado do próximo, a inclusión e o respecto pola natureza. Este día lémbranos o poder do amor e o servizo para transformar o mundo.
Que o seu exemplo nos impulse a seguir facendo o ben, a medrar na fe e a construír unha sociedade máis xusta e fraterna.
Feliz día de María Ana Mogas!



