Este domingo 18 de outubro celébrase a Xornada Mundial das Misións, baixo o lema “Un en Cristo, unidos na Misión”, lema proposto polo Papa León XIV. Como colexio cristián ese é o noso desexo: que sexamos capaces de descubrirnos como parte dunha soa familia, a familia dos fillos de Deus. O Domund non só é unha chamada á solidariedade e á colaboración, senón que é recoñecer que necesitamos uns dos outros e que estamos chamados a unha mesma misión, cada un na dimensión que lle toca, xa sexa dando a cara (os misioneiros), outros escribindo os argumentos.
Como todos os anos, o noso colexio participa activamente na campaña do Domund.
Recordamos tamén que este ano 2026 o Domund cumple 100 anos, facendo que cada ano Cristo sexa máis coñecido e amado en todo o mundo.


