MICRORRELATO SAMAÍN 2026

O PISO DO TERROR

Venres, 30 de outubro

A música marcaba a fin do descanso, mentres o resto das nosas compañeiras subían
polas escaleiras, nós estabamos a entrar no ascensor. Entramos as catro como puidemos
e prememos o botón da nosa planta. Ese traxecto xa o fixeramos moitas veces, pero
nunca se nos fixera tan longo, ou nunca fora tan longo? O ascensor non deixaba de subir,
cando parou, abrimos a porta cunha mestura de intriga e inseguridade. Todo estaba
escuro, mais escoitabamos falar perfectamente as rapazas ao longo do corredoiro.
Fórase a luz, iso foi o que pensamos. As voces convertéronse en risos e non das rapazas.
Asemellábanse máis a meigas, quixemos volver ao ascensor pero unha forza tiraba por
nós en dirección contraria. -O peor aínda está a acontecer- dixo unha voz. Acendeuse
unha luz ao lonxe, era lixeira. Achegábase, era grande e non tiña unha forma concreta.
Cando nos alcanzou, volveu a luz, pero xa non estabamos alí. No cemiterio, os meus
familiares choraban, pero canto máis berraba, máis eu me afastaba.

SARA RAMOS COSTA
4º ESO A

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Imagen de Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas