O Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense está a celebrar este ano o 50 aniversario da celebración dos Xogos Florais, competición poética que escolle os mellores poemas desde 5 de primaria ata 2 de BACH.

 

Así, a Compañía teatral XXFF 2.0, formada por sete adolescentes do colexio interpretarán a obra de teatro, Alicia, versión libre de Lewis Carroll.

 

Os espectáculos terán lugar o xoves 23, ás 16:30 h, o venres 24, ás 19:30, estrea oficial que serve de despedida á promoción de 2 de BACH e o luns 27, ás 17:00 h

 

Os espectáculos do xoves e luns son con aforo pechado e o do venres 24 a entrada é libre para a comunidade educativa ata cubrir aforo, tras retirada previa de invitación na secretaría ata 24 horas antes.

 

O espectáculo conta co apoio de Anaya, promotor do caderno literario homónimo que inclúe o texto teatral e as poesías, Cefore e a Anpa.