Bases Concurso de TARXETAS DE NADAL A.N.P.A.

  1. Poderán participar todos os alumnos/as do colexio.
  2. Os cursos de E. Infantil levarán un agasallo para toda a clase pola súa participación.
  3. Dende o 1o curso de primaria en adiante concederase un premio por aula.
  4. O premio especial do colexio para a súa publicación nas postais de felicitación do centro precisará do voto favorable do director.
  5. Valorarase na selección a calidade artística do debuxo, así como o contido relixioso da mensaxe; todo en relación coa idade do participante da postal presentada.
  6. Otorgaranse outros cinco premios especiais por ciclo en primaria y ESO. Premiarase a orixinalidade das postais.
  7. Non poderán recaer dous premios na mesma postal.
  8. O tamaño axustarase á tarxeta oficial entregada polo centro.
  9. As tarxetas deberán ser feitas íntegramente en horario escolar e dentro do centro.
  10. Os datos do autor/a figurarán sen ningunha corrección na parte posterior da devandita tarxeta.
  11. O xurado estará constituido por: un representante do Equipo Directivo do centro, un profesor seleccionado polo Equipo de Pastoral e dous representantes da ANPA, un dos cales actuará como presidente e o outro como secretario.
  12. O total de tarxetas presentadas entregaránselle ao secretario do xurado na data fixada como límite.
  13. En caso de empate nas deliberacións do xurado, decidirá o voto de calidade do presidente.
  14. Entre todo o conxunto de tarxetas premiadas escolleranse as que representen ao centro no concurso da cidade de Ourense, convocado pola Federación de ANPAs de Colexios Privados-Concertados.

 

Data límite de entrega de tarxetas: Mércores, 11 de decembro