Hoxe celebramos o Día de San Francisco de Asís, persoa admirable que seguiu fielmente a forma de vida de Xesús, fixo da pobreza o seu selo de identidade e amou a todos e a todo.
Francisco de Asís asómase á xanela dos nosos colexios e admírase con alegría que o seu legado segue moi presente nas nosas aulas. O amor a Deus, ao irmán, principalmente o máis vulnerable, e á Natureza están presentes nas nosas actuacións educativas e pastorais.
Desde a xanela apréciase a doce voz do “ poverello d’ Assisi” que nos anima a ser instrumentos de paz e a saír ás rúas dos nosos barrios, cidades ou pobos a testemuñar co noso estilo de vida que é posible, que se pode conseguir Xuntos a Paz.
A todas as comunidades relixiosas das FMMDP e comunidades educativas

Feliz día de San Francisco de Asís!