O vindeiro venres 23 de abril, o noso Centro celebrará o Día Mundial do Libro dun xeito moi especial e tendo en conta as medidas hixiénico-sanitarias.

 

O acto comezará cun maratón de lectura con acompañamento musical e no cal debido á situación, soamente catro alumnos de cada clase lerán textos en galego, castelán e inglés desde a terraza da fachada principal (Cardenal Quevedo).

 

A media mañá procederase á lectura por parte de alumnos de bacharelato do 5º Manifesto poético VERBAS NO AIRE, o cal estades todos convidados.

 

No caso de que vos acheguedes a presenciar a lectura dos vosos fillos/as, rogámosvos que manteñades en todo momento a distancia social e unha vez finalizada a lectura, evitedes aglomeracións na rúa.

 

Agardamos que toda a comunidade poida gozar dunha xornada cultural e entretida.  

 

HORARIOS DÍA MUNDIAL DO LIBRO