A dormir!

Todos sabemos a importancia que ten dormir ben para poder estar mellor ó día seguinte.


Segundo a Asociación Española de Pediatría (AEP) un neno en idade escolar debe dormir entre 9 e 11 horas ao día, sempre atendendo ás necesidades persoais de cada alumno. No caso dos adolescentes, ter unha rutina de sono todos os días da semana, permitiralle ó corpo ‘recargar as baterías’ mellor. De feito, ter malos hábitos de sono pode traer consecuencias negativas, no só no crecemento e desenvolvemento, senón tamén na aprendizaxe académica e nas relacións sociais, xa que a capacidade de atención en clase pode ser menor e podemos estar máis irritables.


Por iso, é bo, tanto en nenos como adolescentes, preparar o organismo para ir para a cama e gozar dun sono reparador. Podemos tomar certas medidas, como non usar dispositivos tecnolóxicos xusto antes de deitarse, evitar alimentos estimulantes ou enerxéticos (como por exemplo bebidas de cola ou chicolate) durante a tarde-noite, relaxarnos e expresar as nosas emocións. E cando pechamos os ollos o noso cerebro está "na clase de repaso", fixando coñecementos aprendidos. Para máis información poden consultar os seguintes enlaces: