Dende o Equipo de Pastoral convidámosvos a participar na Eucaristía que terá lugar o vindeiro domingo 16 de decembro (3º Domingo de Advento) ás 13.15 na capela do colexio.

 

A Eucaristía está preparada polos alumnos e profesores de Educación Infantil, os cales participarán en dita celebración dirixida a toda a Comunidade Educativa e será presidida por D. Luis Rodríguez.

 

Contamos con vós!