ANAMO son os grupos cristiáns dos centros das "Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor" cuxo obxectivo é a maduración da fe nas persoas. Entendido como proceso, grupo ou camiño ANAMO é algo que parte da realidade das persoas, das súas experiencias e vivencias e que se inspira nos trazos de identidade franciscanos.
METODOLOXÍA DE TRABALLO
- REUNIÓNS, ENCONTROS E ACTIVIDADES DE GRUPO
Partimos da realidade, ou pedagoxía da experiencia. No grupo compartimos a experiencia da amizade, o crecemento e a identificación cos valores de Xesús; por iso o proceso sistematiza moitos momentos de grupo e principalmente a reunión semanal.
- CONVIVENCIAS, ENCONTROS INTERGRUPAIS E INTERCOLEXIAIS
Celebramos a pedagoxía da presenza e da festa, persoal e grupal, activa e participativa, que inclúe a relación gozosa cun mesmo, cos demais e con Deus. As convivencias e encontros son momentos fortes que axudan a enriquecer a vivencia diaria de forma gozosa e comprometedora. Ademais estas actividades crean lazos de comuñón cos outros grupos e provocan unha maior identificación co proceso e os seus obxectivos. Nelas, reflexionamos a través de diferentes dinámicas a necesidade de ser os primeiros en distintos valores: xenerosidade, respecto, escoita, convivencia, sinceridade, etc.
-
CELEBRACIÓNS E INICIACIÓN SACRAMENTAL
- Iluminamos coa Palabra, ou pedagoxía bíblica.
- Festexar a vida como lugar de encontro con Deus e cos demais.
- Expresar xuntos soños, medos, ilusións… á luz da palabra. Iniciar á oración e ao silencio persoal. Lectura, comprensión e interiorización da Palabra de Deus, encontro con ela e con Deus, segundo a etapa do proceso.
ETAPAS Y NIVELES
Primeira etapa: ANAMO JUNIOR 5º e 6º de Educación Primaria (11 e 12 anos)
- Obxectivo: Espertar as actitudes básicas para “facer grupo” e o entusiasmo e ilusión “polo relixioso”, pola persoa de Deus e de Xesús. (dimensión afectiva)
- Símbolo: Entrega do CARNÉ ANAMO
Segunda etapa: GRUPOS ANAMO
-
1º Nivel: ‘AMIGOS ANAMO’, 1º e 2º de ESO (13-14 anos)
- Plantexarse qué tipo de persoa queren ser e chegar a reflexionar e concretar que opcións e/ou decisións teñen que ir tomado para avanzar cara ela.
- Símbolo: Entrega do PIN ANAMO
- Palabras clave: Encontro, autonomía
-
2º Nivel: ‘CAMINO ANAMO’, 3º e 4º de ESO (15-16 anos)
- Crecer nos valores de convivencia conxugando interdependencia e liberdade.
- Obxectivo: Acompañar o crecemento persoal segundo os valores da nosa Proposta Educativa:
Terceira etapa: COMUNIDAD ANAMO
-
1º Nivel: Bacharelato 1º e 2º (17-18 anos)
- Situarse criticamente ante sí mesmo e ante a sociedade para dar sentido á propia vida.
- Descubrir na oración o encontro con Deus que interpela a propia vida.
- Tomar conciencia de que a loita pola xustiza e a solidariedade son esixencias evanxélicas derivadas do seguemento de Xesús.Palabras clave: Verdade, sinxeleza. Seguemento Opción vocacional. Xustiza e paz.
- Símbolo: Entrega do EVANXEO
-
2º Nivel: universitarios e antigos alumnos en xeral. (A partir de 18 anos)
- Formar comunidade cristiá co estilo franciscano de Mª Ana Mogas
- Símbolo: Entrega da TAU
- Palabras clave: Fraternidade, compromiso, igrexa, acompañamento