A gañadora do Microrrelato da IX Festa de Samaín é EMMA XU SOMOZA PENELA de 2º ESO C. Parabéns!

 

NOITE DE MEDO


Todos os días vou facer deporte e despois de dúas horas de adestramento, saín do ximnasio algo apurada e afasteime rúa abaixo que, por certo, estaba pouco iluminada e ademais xa era noite pechada.


Ía pensando nas miñas cousas cando empecei a escoitar uns ruídos de pasos que se sentían cada vez máis cerca de min. Imaxinaba quen podería ser pero non me atrevía a mirar cara atrás.


Dobrei a rúa cara a miña casa sen deixar de sentir medo.


De súpeto, tiven un pouco de valor e xirei o pescozo para mirar pero só puiden ver una sombra negra e longa iluminada pola luz da lúa.


Cada vez apuraba máis e máis o meu paso. Angustiada sen saber que facer, corrín ata o meu portal e intentei torpemente abrir a pechadura coas chaves pero estas caéronme ó chan. Intenteinas recoller e notei unha respiración detrás de min.


Estaba piques de desmaiarme do medo que tiña cando oín unha voz que me dicía:


Ola Uxía!

 

De súpeto, a miña cara pasou da cor branca da neve ó vermello do lume, debido a tanta vergoña que sentín. Era a miña amiga Carme que ía disfrazada de meiga cunha capa negra e unha cabaza chea de lambetadas.

 

Viña invitarme a súa festa de Samaín que comezaba esa mesma noite no seu barrio.


EMMA XU SOMOZA PENELA
2º ESO C