PROCESO DE MATRICULACIÓN

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).


pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 


  • Pendente de publicación

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN ADAPTADO (COVID-19)

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos. 

Documentación que se debe presentar na Secretaría do Centro para formalizar a solicitude:

  • Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente (excepto novos alumnos 3 anos)
  • Anexo II “Documento de solicitude de admisión”, pode cubrilo no ordenador e entregalo por duplicado.
  • Formulario normalizado (ED550B) que será facilitado gratuitamente na Secretaría do Colexio e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» () e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
  • Fotocopia e orixinal do Libro de familia ou DNI para os novos alumnos de 3 anos.


As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «».

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

Esta solicitude será única e terá carácter vinculante (Artigo 14.2).
Débense cubrir todos os datos.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores. (Artigo 14.4)

 

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión do baremo: do 25 de marzo ao 7 de abril de 2021 (10 días hábiles, contados a partires dos dous seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes)

 

Admisión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo


A administración reserva tres postos escolares por unidade, en 4º de educación infantil e 1º de educación primaria, e 1º de ESO.
Na solicitude de admisión deberán manifestar expresamente que op­tan a unha praza reservada para alumnado con necesidades específicas de apoio educa­ tivo derivadas de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual, de trastornos graves de conduta ou por atoparse en situación desfavorecida como con­secuencia de factores sociais económicos ou culturais.

 

Segundo a lexislación vixente as familias deben ter en conta que:

 

  1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

En caso de ser necesario o proceso de baremación, por motivos de recibir máis solicitudes que vacantes, o Centro poderá solicitar máis documentación ás familias.

 

RESOLUCIÓN DO 27 DE FEBREIRO DE 2019, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE FAI PÚBLICO O RESULTADO DO SORTEO Ó QUE FAI REFERENCIA O ARTIGO 29 DA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013.

 

Por Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG número 245, do 26 de decembro), desenvolto pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG número 53, do 15 de marzo), regúlase o procedemento para a admisión de alumnado no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria e en bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en cumprimento do previsto no artigo 29 e na disposición adicional primeira da devandita orde, nesta data, pola comisión constituída para o efecto, realizouse o sorteo público nas dependencias da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2020/2021, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade:

 

SORTEO PENDENTE: ÚLTIMA SEMANA DE FEBREIRO 

 

ENLACE RESOLUCIÓN SORTEO 

Informámoslles dos prazos do período de matriculación de novo alumnado para o curso 2021-2022.

  • Educación Infantil e Educación Primaria do 22 xuño ao 30 de xuño
  • Educación Secundaria e Bacharelato do 25 de xuño ao 12 de xullo.
  • Desde as citadas datas terán á súa disposición no centro os impresos de matriculación e o calendario de entrevistas.
  • O período de matriculación extraordinario para ESO e BACH será do 1 ao 10 de setembro do 2021

 

Calendario de publicación das listaxes e matriculación:

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 23 de abril de 2021.
  • Reclamación das listaxes provisionais en Secretaría do Centro: 9, 10 e 11 de xuño.
  • Publicación das listaxes definitivas: 14 de maio de 2021
  • Reunión coas familias de alumnos/as admitidos. Entrega de documentación: DATA A DETERMINAR

Formalización matrícula:

  • Formalización de matricula en EI e EP: do 22 ao 30 de xuño
  • Formalización de matricula en ESO e BACH: do 25 de xuño ao 12 de xullo
  • Prazo extraordinario de matricula en ESO e BACH Do 1 ao 10 de setembro.

*As instancias presentadas entre o 23 de marzo do 2021 e 18 de maio de 2021, ambos incluídos, serán consideradas solicitudes FÓRA DE PRAZO. 

*Renuncia á solicitude de reserva de praza nun centro de adscrición: ata o 28 de febreiro de 2021.

 

Reunión coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos): DATA A DETERMINAR

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas Ourense está adscrito ao IES As Lagoas.


Para o  alumnado de 4º da ESO que desexe cambiar e estudar bacharelato no IES As Lagoas e exercer o seu dereito preferente de adscrición: a reserva de praza no IES As LAgoas deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro ata 8 de febreiro de 2021.

Renuncia á solicitude de reserva de praza nun centro de adscrición: ata o 28 de febreiro de 2021.

 


Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante
 

En caso de necesidade de baremar por ter máis demanda que prazas vacantes a puntuación por domicilio ou lugar de traballo farase en relación á esta área de influencia:

  • Área de Influencia:

Perímetro comprendido por: Avenida Ribeira Sacra desde os límites do termo municipal ata Ponte Nova (Ponte Loña, As Lagoas…). Avenida de Marín e Euloxio Gómez Franqueira ata o enlace coa N-120 (A Ponte, Quintián). N-120 ata Glorieta do Couto. Rúa Ervedelo, continuación por Rúa Faustino Santalices ata cruzamento coa Rúa Francisco Moure. Francisco Moure ata praza do Couto. Avenida de Portugal ata Rúa Marcelo Macías. Marcelo Macías ata rúa Ponte Codesal, esta ata rúa Domingo Fontán e esta ata rúa da Coruña. Rúa A Coruña, Rúa Pena Trevinca, estrada da Granxa ata cruzamento coa Rúa Serra Martiñá. Rúa Serra Martiñá ata fin de municipio pola Vía férrea (Penarredonda, Peza, Porteliña…)
Todas estas rúas e as rúas interiores dentro deste perímetro.

  • Área limítrofe:

Resto do municipio de Ourense.

Consulta o calendario, criterios de baremación e instrucións para a reserva de prazas de Bacharelato 2021/2022

 

PREME PARA ACCEDER AOS DOCUMENTOS DE MATRÍCULA