NAVIDADE AMPA

Estimadas familias:


Poñémonos en contacto con vostedes, para facerlles coñecedores dos próximos eventos que se celebrarán no colexio e onde o AMPA colabora e organiza de diferentes maneiras.
A semana do 16 ao 20 de Decembro, celebrarase o Festival de Nadal.


No mesmo o AMPA, como vén facendo desde sempre se encarga de:

  1. Colaborar coas súas maxestades os reis na repartición de agasallos.
  2. Esta entrega realízase en dous días.
    • PRIMARIA, E. S.O e BACHARELATO: Realízase en horario escolar, pola mañá, sen asistencia de pais.
    • INFANTIL: Realízase pola tarde, despois do festival de panxoliñas.
  3. Comprar e entregar os premios, a todos os gañadores das postais en horario escolar

 

Tamén se compran agasallos para o ciclo de Infantil, polos seus debuxos.

Aproveitamos para desexarlles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo.


Para calquera cousa que necesiten, poden poñerse en contacto connosco vía email:


Moitas grazas, Un saúdo.