NOTA URXENTE SOBRE A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES ESCOLARES E EXTRAESCOLARES NOS CENTROS DOCENTES.


O presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, acaba de anunciar en comparecencia televisiva, tras a celebración do Consello de Goberno da Xunta de hoxe, xoves, entre outras medidas para frear a expansión do coronavirus COVID-19, as seguintes:

 

  • A suspensión de todas as actividades, escolares e extraescolares, en TODAS as etapas educativas. De maneira oficial, a partir do luns día 16 de marzo. Non obstante, recoméndase que xa mañá, venres, non se leven aos alumnos e alumnas aos colexios, que permanecerán abertos.

 

  • A suspensión inicial prevese de 14 días naturais.

 

  • Suspéndense, tamén calequera acto que reúna a un número superior a 50 persoas.



De momento, nin o Portal Educativo nin a páxina web da Xunta de Galicia achegan máis información ao respecto. Esperamos que ao longo do día de hoxe ou mañá, podámoslles enviar datos máis precisos.


Nestes momentos, xa lles podemos comunicar que a entrega das notas previstas para mañá farase a través da plataforma Alexia.



Un saúdo,

Equipo Directivo