O gañador do Microrrelato da X Festa de Samaín é IVÁN ABAD ÁLVAREZ de 4º ESO B. Parabéns!

 

UNHA VEZ MÁIS COS AVÓS


Esta é a historia dunha familia que vivía nunha pequena casa herdada dos avós. Era a casa na que vivira Aurora, a nai da familia, cando a herdaron estaban moi contentos e decidiron mudarse a ela canto antes. Ao chegar alí sorprendéronse de que a aldea non se parecía en nada a aquela chea de xente de hai 35 anos. Non quedaba ninguén só estaban eles e a vila máis próxima estaba a uns 20 km. Foi difícil adaptarse a vivir alí, sobre todo para o cativo, Brais, durante os seus 10 anos de vida sempre vivira na cidade da Coruña e tardou en acostumarse á súa nova vida. A parte de estar sós, o peor foi que sempre notaron unha sensación estraña naquel lugar. Unha tarde de domingo, decidiron dar un paseo e achegáronse ao cemiterio parroquial para visitar os avós, cando se aproximaban a el escoitaron as campás tocar moi forte, pero alí non había ninguén. Durante un tempo Brais ía alí todas as tardes, non coñecía outro lugar naquela aldea, ía moi cedo e chegaba tarde, os seus país empezaron a preocuparse pero non lle deron moita importancia. Ata que un día falaron con el e dixo que podía comunicarse cos seus avós falecidos. Foi toda a familia até o cemiterio pero Brais era o único que tiña esa capacidade. Seguiu indo xunto aos seus avós só moitas tardes máis e contoulle á súa nai un montón de historias de cando eles eran novos que nunca antes escoitara. Unha tarde que marchou a falar cos seus avós como xa era habitual a súa nai notouno máis nervioso que outros días. Esa tarde Brais nunca volveu á casa.


Iván Abad Álvarez
4° ESO B