O gañador do Microrrelato da XI Festa de Samaín é MARÍA FERREIRO RODRÍGUEZ de 4ºB ESO. Parabéns!

 

UN DÍA DE TOLOS!

Había uns días polo Samaín que no colexio había un ambiente un pouco raro. A directora do colexio sempre estaba chorando [...]
Ao chegar a casa e abrir Instagram, todo o mundo subía as mesmas fotos dun señor estraño que levaba toda a roupa manchada de sangue, e cun coitelo na man. En Whatsapp, todos os meus contactos mandáranme a mesma foto e todos os grupos con moitas mensaxes. Á mañá seguinte, ao chegar a clase, non prendían as luces, estaba todo revolto... algo estaba a pasar! Na nosa aula, no taboleiro, había un código para apuntarnos a un Kahoot! e un enlace para un Meet.
Todos os meus compañeiros collemos o teléfono e metémonos. No Meet estabamos todos e, ademais, unha persoa que non coñeciamos. De súpeto, apareceu na videoconferencia o señor que aparecía nas fotos. E dixo: “Hoxe, véspera de Todos os Santos, imos xogar a un xogo, eu vou esconder as chaves da porta do colexio, e tedes que ir acertando as probas e intentar fuxir, como tardedes moito, contade coa morte. Se encontrades a caixa coas chaves, estaredes no final do xogo. E alí explicarei todo o que está a suceder”.
Antes de empezar, tedes que saber que son o marido da directora e que eu morrín antonte.

MARÍA FERREIRO RODRÍGUEZ 4ºB ESO