PREMIO AO MELLOR MICRORRELATO

NA NOITE DE SAMAÍN

Na noite de Samaín, o colexio de Franciscanas quedou sen luz durante a festa. Risos, berros… ata que se escoitou un golpe seco no teito. Todo calou.

-Seguro que é parte do túnel do terror- dixo Roi, tentando rir. Pero entón chegou unha mensaxe a todos os móbiles ao mesmo tempo. Sen conexión, sen cobertura:

«Unha noite. Un pecado. Unha alma».

Ninguén lle deu importancia…ata que Andrea desapareceu no baño, deixando só o espello rachado e unha palabra escrita con sangue: «Mentireira».

Despois foi Hugo, atopado co móbil na man, ollos en branco, e unha chamada perdida dun teléfono inexistente: 000-000-000.

O colexio enteiro quedou mergullado nun silencio pesado. Nas ventás víanse sombras que non pertencían a ninguén. Algo viña dende os corredores, arrastrándose. Respirando. Famento.

Laura correu, agachouse na aula de tecnoloxía. Choraba. O seu móbil vibraba sen parar. Abriuno.

«Ti es a última, non mires atrás».

Non o fixo, pero sentiu un alento no pescozo.

A historia remata aquí, ou comeza contigo.

Porque esta mensaxe, agora, chegouche a ti.

 

MARTA AGUDO CALVELO 4ºA ESO

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Imagen de Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas